martes, 23 de diciembre de 2014

ÚLTIMO DÍA DE TRIMESTRE

O venres rematamos o primeiro trimestre e celebrámolo dun xeito moi divertido. A ANPA organizou un chocolate con biscoitos moi rico e logo tivemos a actuación do mago Dani García. Pasámolo xenial e despedímonos dos nosos compañeiros e compañeiras ata a volta do nadal.

Os alumnos e alumnas de terceiro desexámosvos a todos unhas FELICES FESTAS E UN BO ANO 2015.


martes, 16 de diciembre de 2014

OBRADOIRO CON DON MANOLO

Don Manolo, o mestre que se xubilou o curso pasado, visitounos hoxe no cole e fíxoo para amosarnos a importancia das árbores na natureza. Con el descubrimos un montón de cousas que non coñecíamos.
Aquí tedes algunhas das fotos:


VISITA DOS PAXES REAIS

Onte viñeron os paxes reais a buscar as cartas que lles escribimos aos Reis Magos. Todos lles contamos como nos portamos este ano e o moito que traballamos. Algunhas das cousas que lles pedimos foron: contos, xoguetes, bonecas, un can, etc.
Tamén lles aseguramos que o vindeiro ano continuaremos traballando así e incluso un pouquiño máis.

viernes, 12 de diciembre de 2014

PRIMEIRO DÍA DE MENÚ SORPRESA

Hoxe venres, día 12 de decembro, tivo lugar o primeiro menú sorpresa deseñado polos alumnos e alumnas de 3º da Educación Primaria. Na hora de ler, fomos ao comedor a preparar e decorar as mesas coas servilletas dentro dos vasos. Quedaron moi chulas!!!
Xa á hora de comer, o menú foi todo un éxito: PIZZAAAA!!!


DESPEDIDA DE CRISTINA

Hoxe despedimos a profe Cristina, que nos acompañou durante un mes na aula. Desexámoslle unha feliz volta á universidade e que axiña nos veña visitar. 



miércoles, 10 de diciembre de 2014

TEATRO EN INFANTIL

Os nenos e nenas de catro e cinco anos representáronnos unha pequena obra de títeres sobre o magosto e as castañas. Estivo moi entretida e pasámolo xenial.


VISITA AO COMEDOR E Á COCIÑA

Hoxe coñecemos un pouquiño máis o funcionamento do comedor e da cociña do colexio. Merchi e Mercedes explicáronnos moitas das cousas que fan no seu traballo diario. Aprendemos a situar os cubertos na mesa, a posición das copas e do pan, coñecemos algúns dos utensilios e aparellos que se empregan na cociña...


sábado, 6 de diciembre de 2014

OBRADOIRO DE CHUCHES

Continuamos traballando a alimentación e onte tivemos unha visita moi agradable: a mamá de Antón Figueroa ensinounos a facer chuches de froitas.
Aquí tedes unha pequena presentación.

miércoles, 3 de diciembre de 2014

CAMPO A TRAVÉS EN NEGREIRA

Hoxe foi unha mañá moi especial xa que asistimos á nosa primeira carreira de campo a través en Negreira. Primeiro correron as nenas e logo foron os nenos. Todos o fixemos xenial e incluso o noso compañeiro Abel gañou na súa categoría. Pero bueno, como no deporte "o importante non é gañar, senón participar" todos o pasamos xenial. Tamén tivemos tempo para xogar, merendar, animar ao resto dos compañeiros do cole...