miércoles, 25 de noviembre de 2015

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, día 25 de novembro, celebramos o día Internacional contra a violencia de Xénero na aula. Fixémolo a través dun conto: "Arturo e Clementina", dúa fermosas tartarugas que un bo día se namoran, pero que pouco a pouco van perdendo a maxia. 

CAMPO A TRAVÉS

O venres, día 20 de novembro, desprazámonos a Noia a unha proba de Campo a Través, na que participaban máis de 800 nenos e nenas de outros coles.
A pesar de que foi unha mañá un pouco accidentada pasámolo moi ben.


miércoles, 11 de noviembre de 2015

MAGOSTO

Onte celebramos no cole o magosto. No recreo estivemos xogando a diferentes xogos como: a corda, un circuito (con rodas, conos, picas, valos, etc.), os bolos, a rá, come-castañas, tres en raia, etc.
Comemos moitas castañas asadas e quentiñas e estaban boísimas.

lunes, 2 de noviembre de 2015

SAMAÍN NO COLE

O xoves, día 29 de outubro, celebramos o Samaín no colexio. Algunhas das actividades que fixemos foron as seguintes: cancións en inglés, conto na biblioteca, música co profe Pepe, xogos no ximnasio, vídeos en informática, entre outras actividades na aula. 

sábado, 24 de octubre de 2015

CULTURAS DO MUNDO: MÉXICO

Este curso desenvolveremos no cole un proxecto relacionado coas "Culturas e países do mundo". Na aula fixemos as achegas e logo das votacións, eliximos o país de MÉXICO por maioría. 
A verdade é que son moitas as cousas que xa coñecemos de ese país (como algunhas comidas típicas, que visten con roupas moi coloridas e con sombreiros enormes, que moitos dos mexicanos teñen bigote, etc.) pero queremos aprender moitas mais.

EXCURSIÓN A CAMPO LAMEIRO

O venres, día 25 de setembro, visitamos o Centro de Arte Rupestre de Campo Lameiro, na provincia de Pontevedra. Aprendemos moitas cousas e tivemos a oportunidade de ver un petrógligo enorme de un cervo así como entrar nunha espece de choza na que habitaban as persoas na Idade de Bronce. Rematamos a visita cun obradoiro de barro.

Na foto estamos merendando...

CURSO 2015 - 2016

BENVID@S AO NOVO CURSO ESCOLAR 2015 - 2016.
Este blog pretende ser un espazo de referencia do traballo que se realice na aula de cuarto durante o curso. Desexámosvos a todos e todas que sexa un ano de moito proveito e que aprendamos un montón de cousas. Entre tod@s seguro que o lograremos!

jueves, 2 de julio de 2015

LIBROS DE TEXTO

EN BREVE PUBLICAREMOS, NA PÁXINA WEB DO CENTRO ASÍ COMO NO BLOG DE TERCEIRO, A RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO ACTUALIZADOS PARA O VINDEIRO CURSO 2015 - 2016

sábado, 20 de junio de 2015

REMATE DO CURSO

Onte, día 19 de xuño, rematou o curso escolar 2014 - 2015 e fixémolo dun xeito moi doce e divertido.
Dende a primeira hora da mañá contamos con inchables, futbolín humano así como maquilladoras. Tamén fixemos unha grande festa compartida con outros compañeiros do cole.Rematamos a mañá despedíndonos de todos os compañeiros e compañeiras e coa entrega de nota.

BO VERÁN E ATA O VINDEIRO CURSO



FESTIVAL FIN DE CURSO


jueves, 28 de mayo de 2015

ÚLTIMO DÍA DE NOE NO COLEXIO

Hoxe foi o último día de Noe no colexio como auxiliar de conversa. Tras dous anos realizando as súas tarefas acompañando á profe Mariña nas clases de inglés, Noe marchará este verán para Os Ánxeles (Estados Unidos). Na clase fixémoslle o noso pequeno homenaxe decorando o encerado e dándolle unha grande aperta. 
MOITAS GRAZAS NOE E MOITA SORTE NOS TEUS PRÓXIMOS PROXECTOS.


lunes, 25 de mayo de 2015

viernes, 22 de mayo de 2015

APRENDEMOS A BAILAR A MUIÑEIRA

COÑECEMOS A FILGUEIRA VALVERDE

No cole, este ano traballamos a figura de Filgueira Valverde, autor ao que este ano se lle adicaron as Letras Galegas. Ademais de facer algunhas actividades na clase e na aula de informática, o profesor Pepe amosounos a importancia de Filgueira na recopilación de música tradicional Galega.


viernes, 27 de marzo de 2015

REMATE DO TRIMESTRE CON BÁDMINTON

Onte tivemos unha clase especial de Educación Física. Rodrigo, presidente da federación galega de bádminton dounos unha clase maxistral xunto co seu fillo Rodrigo.

martes, 10 de marzo de 2015

COMEZAMOS COAS FRACIÓNS

Hoxe comezamos unha nova unidade en matemáticas, a das fracións, e a verdade é que nos gustou moito e nos parece moi interesante. Á hora de repartir a froita, aproveitamos para repasalas. Houbo quen tomou  dous terzos do plátano, medio kiwi, media mazá, etc.

miércoles, 4 de marzo de 2015

DRAMATIZAMOS

Hoxe comezamos unha nova actividade na asignatura de lingua. Dividimos a clase en catro grupos e cada un preparará un conto que logo lle contará ás demais aulas.
A ver que tal nos sae...


viernes, 20 de febrero de 2015

DON QUIXOTE DA MANCHA

Hoxe asistimos no cole a unha obra xenial de contacontos, a cargo de Dulcinea (Raquel Queizás). Dulcinea contounos, dun xeito moi ameno, as divertidas aventuras de Don Quixote e Sancho Panza. Dani Tilve e Alba tiveron a sorte de poder participar na obra e ao final todos sacamos unha foto con Dulcinea.


viernes, 13 de febrero de 2015

CELEBRAMOS O ENTROIDO

Logo de unha semana chea de traballo e celebracións, hoxe chegou o día grande do entroido ao cole. A pesar de que o tempo non acompañou e non puidemos facer o desfile que tiñamos previsto polas rúas de Urdilde, a verdade é que o pasamos moi ben no cole. Pola mañá traballamos un pouco, fixemos xogos sobre o entroido galego e logo xa nos comezamos a vestir e maquillar. A partir das 12 desfilamos polo ximnasio, cantamos unhas coplas e comemos ourellas e doces típicos do entroido no comedor.




CONTACONTOS EN URDILDE

viernes, 30 de enero de 2015

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o día da Paz no cole. Durante a mañá recortamos e pintamos pisadas, logo pegámolas no corredor, cantamos e bailamos na aula e, por último, cantamos xuntos todo o cole a canción "apertas que voan".

domingo, 25 de enero de 2015

COMEZA A SEMANA DA PAZ

O vindeiro venres, día 30 de xaneiro, conmemoraremos no cole o día escolar da non violencia e da paz. Na aula, tanto en valores como en relixión, xa comezamos a facer pequenos traballos.
Aquí tedes unha mostra deles...


ALBA E ABEL NO CAMPO A TRAVÉS

Este venres, o noso cole estivo representado no torneo intercomarcal de campo a través por tres alumnos, e dous deles son da nosa clase. 
Abel e Alba correron na zona do campamento do Loreto, en Porto do Son e fixérono xenial.
Alba quedou no posto 16 e Abel de 11, a solo tres posto de clasificarse para o torneo provincial. A profesora Alicia, acompañou aos nosos tres deportistas durante toda a mañá.



miércoles, 14 de enero de 2015

TRABALLAMOS COA MULTIPLICACIÓN

Son numerosas as situacións das nosas vidas nas que precisamos das multiplicacións: no supermercado, ao partir unha tarta, ao recaudar o diñeiro necesario para unha excursión...
Por esa razón, durante varias semanas, dedicarémoslle boa parte do tempo en matemáticas a traballalas. E recordade: TEMOS QUE APRENDER BEN AS TÁBOAS!!!