viernes, 13 de febrero de 2015

CELEBRAMOS O ENTROIDO

Logo de unha semana chea de traballo e celebracións, hoxe chegou o día grande do entroido ao cole. A pesar de que o tempo non acompañou e non puidemos facer o desfile que tiñamos previsto polas rúas de Urdilde, a verdade é que o pasamos moi ben no cole. Pola mañá traballamos un pouco, fixemos xogos sobre o entroido galego e logo xa nos comezamos a vestir e maquillar. A partir das 12 desfilamos polo ximnasio, cantamos unhas coplas e comemos ourellas e doces típicos do entroido no comedor.




1 comentario:

  1. Olaa!! Son Cris, que GUAPOS e GUAPAS estades de peliqueiros!! Mando biquiños para tod@s!!! ♡

    ResponderEliminar