lunes, 25 de abril de 2016

lunes, 18 de abril de 2016

ALMORZOS SAUDABLES

Hoxe comezamos no cole a semana dos almorzos saudables. Cereais, froitas, colacao, leite, embutidos, son algúns dos alimentos dos que disfrutamos.



viernes, 15 de abril de 2016

OBRADOIRO DE XOGUETES

Hoxe tivemos á última hora un obradoiro de xoguetes impartido pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA).

jueves, 7 de abril de 2016

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Hoxe, día 7 de abril, celebramos na aula o día Mundial da Saúde. Durante a mañá aprendemos diferentes medidas para coidar e mellorar a nosa saúde e elaboramos uns carteis.


viernes, 18 de marzo de 2016

VISITAMOS CHINA E XAPÓN

Os alumnos e alumnas de primeiro amosáronnos todo o traballo realizado sobre a cultura china e xaponesa.


martes, 15 de marzo de 2016

GUÍAS TURÍSTICOS

Hoxe comezamos a exposición oral dos traballos de lingua galega. Nestes traballos tiñamos que convertirnos en auténticos guías turísticos de algúns dos monumentos máis importantes do planeta. A Torre Eiffel, Estatua da Liberdade, Torre de Pisa, Muralla China, Muralla de Lugo, etc. foron algúns dos lugares visitados.

jueves, 10 de marzo de 2016

AS PLANTAS





COMEZAMOS COAS MEDIDAS DE LONXITUDE

Esta semana comezamos, en matemáticas, unha nova unidade didáctica: a das medidas de lonxitude. Ao longo da mesma aprenderemos as diferentes unidades de medida (como o Km, hm, dam, m, dm, cm e mm) e mediremos diferentes espazos do colexio: como a aula, o patio do colexio, etc.
Tamén nos adentraremos no uso de aplicacións dixitais como o google maps, de grande interese para saber os km e o tempo de traxecto que temos entre un lugar e outro.

lunes, 11 de enero de 2016

ANÁLISE DE NOVAS

Hoxe, día 11 de xaneiro, comezamos coa análise de novas na hora de ler. A maior parte das novas estaban relacionadas co temporal que asola Galicia estes días: asolagamentos, derrubamentos, accidentes, etc.