martes, 23 de diciembre de 2014

ÚLTIMO DÍA DE TRIMESTRE

O venres rematamos o primeiro trimestre e celebrámolo dun xeito moi divertido. A ANPA organizou un chocolate con biscoitos moi rico e logo tivemos a actuación do mago Dani García. Pasámolo xenial e despedímonos dos nosos compañeiros e compañeiras ata a volta do nadal.

Os alumnos e alumnas de terceiro desexámosvos a todos unhas FELICES FESTAS E UN BO ANO 2015.


martes, 16 de diciembre de 2014

OBRADOIRO CON DON MANOLO

Don Manolo, o mestre que se xubilou o curso pasado, visitounos hoxe no cole e fíxoo para amosarnos a importancia das árbores na natureza. Con el descubrimos un montón de cousas que non coñecíamos.
Aquí tedes algunhas das fotos:


VISITA DOS PAXES REAIS

Onte viñeron os paxes reais a buscar as cartas que lles escribimos aos Reis Magos. Todos lles contamos como nos portamos este ano e o moito que traballamos. Algunhas das cousas que lles pedimos foron: contos, xoguetes, bonecas, un can, etc.
Tamén lles aseguramos que o vindeiro ano continuaremos traballando así e incluso un pouquiño máis.

viernes, 12 de diciembre de 2014

PRIMEIRO DÍA DE MENÚ SORPRESA

Hoxe venres, día 12 de decembro, tivo lugar o primeiro menú sorpresa deseñado polos alumnos e alumnas de 3º da Educación Primaria. Na hora de ler, fomos ao comedor a preparar e decorar as mesas coas servilletas dentro dos vasos. Quedaron moi chulas!!!
Xa á hora de comer, o menú foi todo un éxito: PIZZAAAA!!!


DESPEDIDA DE CRISTINA

Hoxe despedimos a profe Cristina, que nos acompañou durante un mes na aula. Desexámoslle unha feliz volta á universidade e que axiña nos veña visitar. 



miércoles, 10 de diciembre de 2014

TEATRO EN INFANTIL

Os nenos e nenas de catro e cinco anos representáronnos unha pequena obra de títeres sobre o magosto e as castañas. Estivo moi entretida e pasámolo xenial.


VISITA AO COMEDOR E Á COCIÑA

Hoxe coñecemos un pouquiño máis o funcionamento do comedor e da cociña do colexio. Merchi e Mercedes explicáronnos moitas das cousas que fan no seu traballo diario. Aprendemos a situar os cubertos na mesa, a posición das copas e do pan, coñecemos algúns dos utensilios e aparellos que se empregan na cociña...


sábado, 6 de diciembre de 2014

OBRADOIRO DE CHUCHES

Continuamos traballando a alimentación e onte tivemos unha visita moi agradable: a mamá de Antón Figueroa ensinounos a facer chuches de froitas.
Aquí tedes unha pequena presentación.

miércoles, 3 de diciembre de 2014

CAMPO A TRAVÉS EN NEGREIRA

Hoxe foi unha mañá moi especial xa que asistimos á nosa primeira carreira de campo a través en Negreira. Primeiro correron as nenas e logo foron os nenos. Todos o fixemos xenial e incluso o noso compañeiro Abel gañou na súa categoría. Pero bueno, como no deporte "o importante non é gañar, senón participar" todos o pasamos xenial. Tamén tivemos tempo para xogar, merendar, animar ao resto dos compañeiros do cole... 



viernes, 28 de noviembre de 2014

EXCURSIÓN A SANTIAGO

A continuación podedes ver un pouquiño o que foi a excursión de hoxe a Santiago de Compostela e o ben que o pasamos:
En primeiro lugar visitamos o mercado de Abastos, onde vimos todo tipo de productos naturais: froitas, verduras, hortalizas, legumes, carnes e sobre todo... MARISCOS!!!
Aprendemos a diferenciar o boi, da centola e das nécoras. Vimos vieiras, cigalas, ameixas, mexillóns, berberechos, zamburiñas...

Logo, desprazámonos á praza da Quintana, onde visitamos a Porta Santa, unha azibechería, vimos o convento das monxas, a torre do reloxo, etc.

A continuación visitamos a exposición de ABANCA, con cadros de pintores tan importantes como Picasso, Dalí, Miró... e onde aprendemos a diferenciar un cadro cubista dun expresionista. Rematamos a visita con un pequeno obradoiro de esculturas.
Unha vez rematada a visita á exposición desprazámonos á Alameda de Santiago onde aproveitamos a ocasión para merendar e sacar unha foto coas famosas "Marías".
Antes de coller o autobús de regreso ao cole, tivemos tempo para xogar un pouco e observar os patos, cisnes, pombas e outras especies que había na Alameda.
QUE BEN O PASAMOS!!!

jueves, 27 de noviembre de 2014

ESTRENAMOS OS ORDENADORES ABALAR EN 3º

Hoxe empregamos en terceiro os ordenadores ABALAR de sexto por primeira vez. Aquí tedes algunhas fotos...




miércoles, 26 de noviembre de 2014

VISITA DE ÁNGELES Á AULA

Hoxe visitounos Ángeles, a mamá de Paula e fíxoo para explicarnos como é o seu día a día no traballo. Durante toda unha hora, amosounos as diferentes seccións do super no que traballa, a vestimenta que empregan os distintos empregados, algunhas estratexias de Marketing...
Como agradecemento, agasallámola con unha caixa de bombóns e cunha pequena carta adicada por tod@s. MOITAS GRAZAS!!!





martes, 25 de noviembre de 2014

OS PETRÓGLIFOS

En plástica levamos uns días preparando uns petróglifos moi chulos con Marinha e con Noe.
Aquí tedes algunhas fotos...



domingo, 16 de noviembre de 2014

CELEBRAMOS O MAGOSTO NO COLE

Este venres festexamos a conmemoración do magosto no cole e fixémolo comendo castañas e con xogos populares. O día anterior, o profesor Pepe amosounos e explicounos algúns dos instrumentos musicais da exposición que temos no cole.


VISITA Á CLASE DE MANOLA

Este venres visitamos a clase da profe Manola para agradecerlle os agasallos que nos fixo. Toda a clase lle regalamos unhas dedicatorias como agradecemento.





miércoles, 12 de noviembre de 2014

COMEZAMOS CO PROXECTO "A ALIMENTACIÓN E A SAÚDE"

Logo de analizar, a semana pasada, aquelas cousas que sabíamos e as que queremos saber sobre a alimentación, hoxe comezamos co proxecto. 
Fixémolo vendo aqueles alimentos que pensamos son máis saudables e os que non o son. Con folletos do super, recortamos e pegamos nunha folla os saudables e noutra parte os menos saudables.
Aquí tedes algunhas fotos.




martes, 11 de noviembre de 2014

ESTRENAMOS LAPICEIROS

Hoxe recibimos un agasallo especial na aula. A profe Manola regalounos a cada un lapiceiro no que colocar os bolis, lápises e gomas. MOITAS GRAZAS!!!

sábado, 8 de noviembre de 2014

PREPÁRASE O MAGOSTO NO COLE

Queda pouquiño para comezar coa celebración do magosto e no cole xa nos estamos a preparar... Como podedes ver, a exposición de instrumentos musicais e xogos tradicionais xa se pode visitar. 



jueves, 6 de noviembre de 2014

PREMIO NÓBEL DA PAZ 2014

Na asignatura de valores traballamos un pouco sobre o Premio Nóbel da Paz. Este ano, os gañadores foron Kailash e Malala, dúas persoas que se preocuparon por defender os dereitos dos nenos e das nenas. Kailash consigueu que máis de 80.000 nenos e nenas deixaran de traballar para poder ir á escolar e Malala, arriscou a súa vida para defender o dereito das nenas a ir á escolar. Aquí tedes o traballo que fixemos e que logo lle expuxemos ao resto dos compañeir@s.


miércoles, 5 de noviembre de 2014

PRESENTACIÓN DO SAMAÍN

OS NÚMEROS ROMANOS

Na clase clase levamos uns días traballando os números romanos.
Algunhas das actividades que fixemos son:
- Poñer a data no encerado en números romanos.
- Escribir a data no noso caderno todos os días en números romanos.
- Practicar (contar, escribir...) os números romanos ata o 39.
- Realizar os números con plastilina e con palillos.
- Outras actividades co libro e co caderno.




miércoles, 29 de octubre de 2014

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Esta semana estamos celebrando o Samaín, tradición galega de tempos dos celtas. Na clase pintamos cabazas, inventamos contos de medo, decoramos a porta e a aula...
No cole será mañá xoves o gran día, no cal faremos distintas actividades logo do recreo xunto co resto dos compañeiros e compañeiras do colexio. XA VEREDES QUE BEN O PASAMOS!!!





viernes, 17 de octubre de 2014

TRABALLAMOS CON MAPAS

En Ciencias Sociais estamos traballando e aprendendo a utilidade dos distintos tipos de mapas e planos. Por esa razón, hoxe en informática familiarizámonos co uso de distintas aplicacións:
- GOOGLE MAPS: https://www.google.com/maps
- METEOGALICIA: http://www.meteogalicia.es/web/index.action
- AEMET: http://www.aemet.es/es/portada 

viernes, 3 de octubre de 2014

APRENDEMOS ÉUSCARO

Hoxe en Lingua Galega aprendemos algúns idiomas que se falan en España e no resto do mundo. A profesora Arantzazu (que é do País Vasco) veu á nosa clase e ensinounos unhas poucas palabras en vasco (ou éuscaro).
- KAIXO significa "ola".
- AGUAR significa "adeus" e "ola".
- NIV JAI DUT significa "teño fame".
- EGUN ON significa "bos días"
- ARRATZALDE ON significa "boas tardes"
- GABON significa "boas noites"

Don Benito ensinounos algunhas palabras do Esperanto, un idioma inventado.

viernes, 26 de septiembre de 2014

OS NOSOS PRIMEIROS CONTOS

Hoxe, en lingua galega, inventamos o primeiro conto do curso. O primeiro que fixemos foi elixir a temática do conto e por maioría saiu os animais. A continuación decidimos o título do conto: "O ANIMAL MISTERIOSO".

martes, 23 de septiembre de 2014

COMEZA O OUTONO

Hoxe, día 23 de setembro, comezou unha nova estación ás 04:29 da madrugada: o outono.
Aproveitando que estamos traballando sobre o Sistema Solar en Ciencias Sociais, descubrimos que o movemento de translación da Terra é o responsable das catro estacións que temos: primavera, verán, outono e inverno.

viernes, 19 de septiembre de 2014

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR!!!

Unha vez rematadas as vacacións de verán, toca de novo poñernos as pilas e voltar ao traballo.