viernes, 28 de noviembre de 2014

EXCURSIÓN A SANTIAGO

A continuación podedes ver un pouquiño o que foi a excursión de hoxe a Santiago de Compostela e o ben que o pasamos:
En primeiro lugar visitamos o mercado de Abastos, onde vimos todo tipo de productos naturais: froitas, verduras, hortalizas, legumes, carnes e sobre todo... MARISCOS!!!
Aprendemos a diferenciar o boi, da centola e das nécoras. Vimos vieiras, cigalas, ameixas, mexillóns, berberechos, zamburiñas...

Logo, desprazámonos á praza da Quintana, onde visitamos a Porta Santa, unha azibechería, vimos o convento das monxas, a torre do reloxo, etc.

A continuación visitamos a exposición de ABANCA, con cadros de pintores tan importantes como Picasso, Dalí, Miró... e onde aprendemos a diferenciar un cadro cubista dun expresionista. Rematamos a visita con un pequeno obradoiro de esculturas.
Unha vez rematada a visita á exposición desprazámonos á Alameda de Santiago onde aproveitamos a ocasión para merendar e sacar unha foto coas famosas "Marías".
Antes de coller o autobús de regreso ao cole, tivemos tempo para xogar un pouco e observar os patos, cisnes, pombas e outras especies que había na Alameda.
QUE BEN O PASAMOS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario